NOVAS
 

29/7/08

Deseños de 84

Ricardo Cabral fixo estes debuxos a partir da obra "84" que a Aula de Teatro Universitaria de Ourense "Maricastaña" presentou no mes de maio en Lisboa. Neste momento poden verse na Casa do Alentejo en Lisboa nunha exposición colectiva de xóvenes artistas.






24/7/08

Regreso da Barraca

A Aula de Teatro Universitaria de Ourense "Maricastaña" obtivo unha grande acollida por parte dos espectadores da xira encadrada dentro do programa "Las huellas de la Barraca" patrocinado pola Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais adscrita ao Ministerio de Cultura.

3.090 espectadores viron "A equipaxe", dramaturxia de Fernando Dacosta a partir de "El equipaje del rey José" de Benito Pérez Galdós.

A xira levou ao grupo a pobos e cidades de Cuenca, Toledo, Ciudad Real, Badajoz, Jaén e Cádiz.

Ademais, as críticas publicadas en diversas localidades e a resposta dos espectadores foron formidables.

Case 4.000 kilómetros, pobos de 200 habitantes, cidades turísticas, prazas, castelos, lúas, praias, cargas e descargas, encontros, traballo con moita suor, amizades, ... Unha viaxe, esta da Barraca, que ficará na memoria imborrable dos que participaron nela: 15 actores, 2 técnicos, 1 manager, 1 chófer e 1 director.

A semente de Federico García Lorca continuará...

14/7/08

A Aula Universitaria segue a BARRACA




A Aula de Teatro Universitaria de Ourense foi seleccionada pola SECC (Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales) adscrita ao Ministerio de Cultura para o programa "Las huellas de la Barraca", coordinado por César Oliva, que rememora a acción cultural levada adiante polo grupo universitario de Lorca xunto a Eduardo Ugarte polas cidades e pobos de España.
A Aula de Ourense está neste programa xunto ás de Jaén, Murcia e a Carlos III de Madrid.
A obra que presenta "Maricastaña" é EL EQUIPAJE" a partir da obra "El equipaje del rey josé" de Benito Pérez Galdós. A SECC conmemora con este programa o bicentenario da guerra da independencia (1808-2008). Na propia SECC pode atoparse o PDF co programa global e o programa de EL Equipaje.
A ruta de Ourense é a nº 1 e estas son as súas funcións no mes de xullo:
Día 5 Uclés (Cuenca)
Día 6 Tarancón (Cuenca)
Día 8 Talavera de la Reina (Toledo)
Día 9 Almonacid (Toledo)
Día 10 Ocaña (Toledo)
Día 11 Valdepeñas (Ciudad Real)
Día 12 La Albuera (Badajoz)
Día 13 Medellín (Badajoz)
Día 15 Badajoz
Día 16 Bailén (Jaén)
Día 17 Chiclana (Cádiz)
Día 18 Cádiz
Día 19 San Fernando (Cádiz)
Día 21 Baeza (Jaén)