NOVAS
 

24/7/08

Regreso da Barraca

A Aula de Teatro Universitaria de Ourense "Maricastaña" obtivo unha grande acollida por parte dos espectadores da xira encadrada dentro do programa "Las huellas de la Barraca" patrocinado pola Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais adscrita ao Ministerio de Cultura.

3.090 espectadores viron "A equipaxe", dramaturxia de Fernando Dacosta a partir de "El equipaje del rey José" de Benito Pérez Galdós.

A xira levou ao grupo a pobos e cidades de Cuenca, Toledo, Ciudad Real, Badajoz, Jaén e Cádiz.

Ademais, as críticas publicadas en diversas localidades e a resposta dos espectadores foron formidables.

Case 4.000 kilómetros, pobos de 200 habitantes, cidades turísticas, prazas, castelos, lúas, praias, cargas e descargas, encontros, traballo con moita suor, amizades, ... Unha viaxe, esta da Barraca, que ficará na memoria imborrable dos que participaron nela: 15 actores, 2 técnicos, 1 manager, 1 chófer e 1 director.

A semente de Federico García Lorca continuará...