CANCELADA A FUNCIÓN DO GRUPO DE CASABLANCA
Despois de realizar todas as xestións con tempo suficiente, de presentar os billetes de ida e volta, de presentar as reservas de hotel e restaurante, de recibir apoio das concellalas Isabel Pérez e Marta Arribas así como da Subdelegación do goberno, de facer chegar multitude de fax ao consulado, o visado de Abdellah Chakiri foi denegado.
En todo caso seguiremos tentando ata o último momento que chegue, sempre e cando o Consulado español outorgue ese visado. Se así fose podería estar na charla do xoves 14 ás 19'00 na livraria Torga.
<< VOLVER