NOVAS
 

6/5/11

ACCION TEATRAL 21 XUÑO

SCHENGEN. Acción da Aula de Teatro Universitaria de Ourense



Convócase aos alumnos/as de Infantil, Rosaura, Cordelia, Maricastaña e veteranos de Maricastaña que o desexen a unha acción teatral que se desenvolverá polo casco vello de Ourense durante as festas da cidade.

Quen queira participar debe enviar un correo electrónico a aulateatroourense@yahoo.es ata o día 20 de maio co seu nome, curso e teléfono.

Os ensaios serán na sala multiusos do edificio de ferro (campus) de 19'30 a 21'30 os seguintes días:
Mércores 25 de maio
Luns 30 de maio
Mércores 1 de xuño
Luns 6 de xuño
Mércores 8 de xuño
Luns 13 de xuño
Mércores 15 de xuño
Luns 20 de xuño

A acción teatral será o martes 21 de xuño ás 23'00.