NOVAS
 

14/12/12

9ª MOTI

Cartel da 9ª MOTI

Toda a programación a partir do día 19 de decembro en motiourense.blogspot.com

Ou na web de Sarabela ou da MITEU (enlace MOTI)

30/3/12

PROGRAMA DA 17ª MITEU 2012

Xa está aquí. En breve toda a información en www.miteu.es







20/12/11

PROGRAMA 8ª MOTI 2011


A 8ª edición da MOTI (Mostra de Teatro Infantil de Ourense) celébrase do 25 ao 30 de decembro de 2011

Toda a información en www.motiourense.blogspot.com

7/10/11

Maricastaña a Xénova

"LEVE, a nada entre as mans", estará en Xénova (Italia) o vindeiro 15 de outubro ás 21'00 no Teatro Instabile

Esta montaxe de "Maricastaña", 3º nivel da Aula de Teatro Universitaria de Ourense, pasa deste xeito a ser a máis internacional das súas producións ao ter percorrido Mostras de Galicia, España, Portugal, Marrocos e Italia.

Precisamente con esta función rematará a xira de LEVE xa que o vindeiro 17 de outubro terá lugar a presentación do novo curso da Aula de Teatro Universitaria (Rosaura, Cordelia, Maricastaña e Infantil) ás 20'00 no Pavillón nº 1 do Campus dentro dos cursos de Extensión Universitaria do Campus de Ourense.

10/9/11

Premio no FITUC


LEVE, A NADA ENTRE AS MANS, premio á mellor escenografía no FITUC 2011 (Festival Internacional de Teatro de Casablanca), entre 22 compañías de 11 países.

6/5/11

ACCION TEATRAL 21 XUÑO

SCHENGEN. Acción da Aula de Teatro Universitaria de Ourense



Convócase aos alumnos/as de Infantil, Rosaura, Cordelia, Maricastaña e veteranos de Maricastaña que o desexen a unha acción teatral que se desenvolverá polo casco vello de Ourense durante as festas da cidade.

Quen queira participar debe enviar un correo electrónico a aulateatroourense@yahoo.es ata o día 20 de maio co seu nome, curso e teléfono.

Os ensaios serán na sala multiusos do edificio de ferro (campus) de 19'30 a 21'30 os seguintes días:
Mércores 25 de maio
Luns 30 de maio
Mércores 1 de xuño
Luns 6 de xuño
Mércores 8 de xuño
Luns 13 de xuño
Mércores 15 de xuño
Luns 20 de xuño

A acción teatral será o martes 21 de xuño ás 23'00.

14/4/11

Visado para Abdellah Chakiri

Por fin o director do FITUC de Casablanca obtivo o seu visado. Viaxa o día 14 de abril pola tarde e chegará á MITEU sobre as 22'00.
Poderemos contar con el na xornada de clausura.