NOVAS
 

14/4/11

Visado para Abdellah Chakiri

Por fin o director do FITUC de Casablanca obtivo o seu visado. Viaxa o día 14 de abril pola tarde e chegará á MITEU sobre as 22'00.
Poderemos contar con el na xornada de clausura.

13/4/11

CANCELADA A FUNCIÓN DO GRUPO DE CASABLANCA

Despois de realizar todas as xestións con tempo suficiente, de presentar os billetes de ida e volta, de presentar as reservas de hotel e restaurante, de recibir apoio das concellalas Isabel Pérez e Marta Arribas así como da Subdelegación do goberno, de facer chegar multitude de fax ao consulado, o visado de Abdellah Chakiri foi denegado.

En todo caso seguiremos tentando ata o último momento que chegue, sempre e cando o Consulado español outorgue ese visado. Se así fose podería estar na charla do xoves 14 ás 19'00 na livraria Torga.