Éxito en Italia de "Hide"
A Aula de Teatro Universitaria de Ourense "Maricastaña", dirixida por Sarabela Teatro e dependente do Campus de Ourense, vén de pechar o seu ano máis activo cunha grandísima acollida da obra "Hide", a partir da novela de Stevenson "O Dr. Jekyll e Mr. Hyde", en Génova, no que supuña o cuarto país visitado pola Aula na súa historia despois de ter actuado en multitude de festivais de España e Portugal, en Marrocos e agora en Italia.
Os actores tiveron que saír cinco veces a saudar despois do remate da obra nun aplauso que se prolongou durante 3 minutos e cun público que non marchaba da sala para felicitar a actores e técnicos nunha función realizada o pasado 25 de xuño.
Con esta representación a Aula pecha un curso que comezou no mes de xullo pasado coa selección por parte da Sociedade Estatal de Conmeraciones Culturales (adscrita ao Ministerio de Cultura) para participar no programa "las huellas de la Barraca". Coa obra "El equipaje" visitou as comunidades de Castela-A mancha, Extremadura e Andalucía. Esta xira prolongouse no 2009 coa visita a 10 centros penitenciarios de Galicia, Asturias e Castela-León.
Con "Hide" a Aula de Teatro Universitaria de Ourense participou en festivais de Lisboa, Aveiro e Covilhâ (en Portugal) e acodeu a Mostras de Andalucía, Extremadura, Navarra, Castela-León e Galicia, ademais de Génova.
Co seu anterior espectáculo, "84" tivo funcións en Valencia e Granada, prolongándose así a xira do ano anterior e elevando o total de funcións da Aula este curso a 40.
O primeiro nivel "Rosaura", o segundo "Cordelia" e o a Aula Infantil tiveron cadansúas representacións e a MOTI (Mostra de Teatro Infantil) e a MITEU (Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense) conseguiron cheos aumentando o número de representacións.
Feliz verán.