PRESENTACIÓN DA AULA DE TEATRO
Os novos cursos da Aula de Teatro Universitaria de Ourense presentaranse aos alumnos e alumnas o vindeiro mércores 22 de outubro ás 20'00 na Aula de Teatro (Antiga capela do Pavillón nº 1).
As matrículas poderán formalizarse no LERD (campus).
Cada cuatrimestre reporta 2 créditos. Os matriculados deben ter continuidade no 2º cuatrimestre.
A Aula divídese en 3 niveis:
* NIVEL 1 "GRUPO ROSAURA". 20 prazas por orde de inscrición.
Rosaura preséntase a todas aquelas persoas que queren facer teatro de xeito lúdico e rigoroso.
Aprendizaxe de técnicas corporais e vocais, formación do grupo, xogos co espacio e os tempos… Un proceso que remata cun espectáculo de rúa no mes de abril e que dá paso á MITEU.
* NIVEL 2 “GRUPO CORDELIA”. 15 prazas (Para aquelas persoas que completaron o nivel 1 ou que teñan a experiencia teatral precisa)
Cordelia é o 2º nivel da Aula de Teatro. Profundízase nas técnicas corporais e vocais; trabállase cos conceptos de ritmo, precisión, contención, enerxía,…; prepárase a construción dos personaxes e elabóranse escenas que dan paso a un espectáculo presentado na MITEU
* NIVEL 3 "GRUPO MARICASTAÑA". 15 prazas (Para aquelas persoas que completaron o nivel 2 ou que xa estiveran en Maricastaña)
Maricastaña é o 3º nivel da Aula de Teatro. O traballo realizado nos niveis anteriores compleméntase cun curso de entrenamento e posta a punto actoral e culmina coa montaxe dunha obra que xirará por distintas mostras de Galicia, España e Portugal.
Ademais tamén se presenta ese día a
AULA DE TEATRO INFANTIL “GRUPO GEPETTO” / “XOGO TEATRAL NA ESCOLA”. 15 prazas (Por orde de inscrición)
A Aula de Teatro infantil xoga cara os nenos. Por iso se traballan os mecanismos para achegarse a eles, para sorprendelos, para que participen, para que manteñan a atención sobre as propostas. E todo iso nun espectáculo que se pon en escena na MOTI.
Un espazo para todos aqueles que queren facer teatro para nenos.
Temos cita o día 22!!!!