NOVAS
 

2/5/08

Ciclon Comico en maio

Neste mes de maio haberá 2 funcións máis do Ciclón Cómico programado pola Aula de Teatro Universitaria de Ourense dentro do programa da Intercultural do Campus de Ourense.

********************************

MÉRCORES 14 DE MAIO ÁS 20’00 na Sala Teatral do Edificio de Ferro (Humanidades)
ACTOR: AVELINO GONZÁLEZ
TÍTULO: HISTORIAS GALLARDAS
SINOPSE:
Hai "pulpo a la gallega" e "merluza a la gallega", e tamén hai un xeito de contar "a la gallega", de feito mais dunha vez se ten presentado por aí fóra a calquera contador galego simplemente como iso: "contador gallego".
Contar "a la gallega" é un estilo no que se mesturan cousas dos contadores de historias e cousas de monologuistas.
As historias gallardas teñen esa mestura con personaxes que soñan coa liberdade pero están amarrados ao volante do coche, ou soñan co amor pero enganchan cunha rapariga que está pasada de copas. O bó é que soñan. O malo é que a realidade éche coma o carallo"

******************************

MÉRCORES 28 DE MAIO ÁS 20’00 na Sala Teatral do Edificio de Ferro (Humanidades)
GRUPO: ESPIQUINCLAUN
ACTORES: FERNÁNDO GONZÁLEZ E IAGO LÓPEZ
TÍTULO: OS CICLOS DA VIDA
SINOPSE:
DURANTE A REPRESENTACIÓN DESTA PEQUENA OBRA VEREMOS OS CICLOS DA VIDA POLOS QUE PASA TODA PERSOA, O AMOR, MOI APAIXOADO E CLÁSICO, O SEXO, INOCENTE E CURIOSO E A MORTE.... ABSURDA E BOBA.

10.000 na MITEU

A 13ª MITEU de Ourense chegou aos 10.000 espectadores entre as funcións de rúa e as realizadas no Teatro Principal, Auditorio, Campus, e outros locais.
274 participantes ademais dos do Roteiro (co que se colaborou), más de 10.000 octavillas e postais repartidas e 8 países participantes aínda que as procedencias dos actores e directores da MITEU foi máis ampla: EEUU, Rep. Dominicana, Arxentina, Chile, India, Líbano, Bielorrusia, Ucraína, Italia, Escocia, Francia, Portugal (Coimbra, Aveiro, Lisboa, Covilhâ) e España (Aragón, Comunidade Valenciana, Madrid, extremadura). De Galicia: Ourense, Lugo, Santiago, Coruña, Pontevedra,...
Hoteis, restaurantes, imprentas, axencias de viaxe, ferreiros, carpinteiros, deseñadores, músicos, técnicos, actores, directores, espectadores... Vémonos na 14ª MITEU!

PREMIOS DA MITEU 2008

O xurado da MITEU 2008, composto por Sonia Ferro, Tito R. Asorey, Lola Fernández e Nate Borrajo decidiron premiar ao GRETUA de Aveiro por Os Feios. O premio consiste nunha figura de bronce de Pablo Otero e 900€.
Recibiron mención especial a Aula de Lugo po A ronda, a Aula de Valencia por El dia que Bertolt Brecht va morir a Finlàndia e o CITAC de Coimbra por O Avarento.
O espectador da MITEU 2008 decidíu premiar a El blues de Macky Navaja da Aula de Teatro de Alicante. Este premio consiste nunha figura de bronce de Pablo Otero e 500€.

A este premio optaban os grupos universitarios participantes na 13ª edición da MITEU quedando excluídas as Aulas de Ourense por ser organizadoras.

Os premios de honra foron para Manuel Lourenzo pola súa traxectoria teatral e á iniciativa Teatro Social do Centro penitenciario de Pereiro de Aguiar.