NOVAS
 

15/10/10

Programa do 3º FITO



Toda a programación e toda a información sobre a 3ª edición do Fito (Festival Internacional de Teatro de Ourense) en www.fitoourense.com

Gracias



Queremos agradecervos as inmensas e profundas mostras de cariño destes días cara a Suso, a Sarabela, aos amigos e familiares. En breve comezaremos a publicar outras novas, outros proxectos, funcións, información inmediata sobre o FITO, ... Suso está en nós, en todos. Pero debemos seguir. Non coñecemos outra alternativa.

Bicos

Suso

Queridos e queridas:

Temos que dar unha terrible nova: o falecemento do noso amigo, compañeiro e xefe técnico Suso Díaz.

Seguiremos adiante tan pronto poidamos, tentando poñer un pé detrás do outro. Pero aínda non sabemos moi ben como.

Bicos enormes.

Presentación DA AULA DE TEATRO

O vindeiro mércores 20 de outubro ás 20'00, terá lugar na Capela da Universidade (Pavillón nº 1) a presentación da Aula de Teatro e dos grupos Rosaura, Cordelia, Maricastaña e Gepetto (infantil).

Esperamos vervos por alí.