NOVAS
 

29/1/09

HIDE (OCULTO)

A Aula de Teatro Universitaria de Ourense "Maricastaña" está preparando HIDE (OCULTO), a súa montaxe para o ano 2009.

Hide é un "thriller" teatral, que asusta, estremece e emociona...

É a terceira parte da triloxía do Monstro que se une a Totem (2004) e Frankenstein (2005)

Podes atopar información en aulateatroourense.blogspot.com

23/1/09

A BARRACA na sombra

A SECC (Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais) en colaboración co Ministerio do Interior, prepara unha continuación do proxecto da Barraca chamado LA BARRACA EN LA SOMBRA que levará a obra "El equipaje" a diversos Centros Penitenciarios.

O calendario proposto (á espera de pecharse) é o seguinte:

9 de maio: Lugo-Bonxe
10 de maio: Lugo - Monterroso
23 de maio: Pontevedra - A Lama
24 de maio: Ourense - Pereiro de Aguiar
6 de xuño: A coruña - Teixeiro
7 de xuño: Llanera (Asturias) - Villabona
13 de xuño: León - Mansilla
14 de xuño: Palencia - Dueñas
20 de xuño: Valladolid
21 de xuño: Salamanca - Topas

Todas as funcións serán ás 17'00.



Por outra banda os días 1, 2 e 3 de maio, "El equipaje" chegará a Cádiz, dentro dos actos encamiñados á conmemoración da Constitución de 1.812.